miércoles, 21 de diciembre de 2016

Aprendemos dos compañeiros, cun bosque moi divertido!





A conciencia fonolóxica é unha habilidade que permite aos nenos recoñecer e usar os sons da linguaxe falada; é a base para aprender a ler e moi importante para chegar a ser un bo lector.

Ana Martínez, especialista de Audición e Linguaxe do noso centro, consciente da importancia desta aprendizaxe e de que se realice da forma o máis divertida posible creou o conto “Un bosque divertido”. Gustou tanto aos máis pequenos, que algúns valentes de primeiro e segundo de primaria atrevéronse a facer un contacontos para os seus compañeiros/as.



Co conto os rapaces/as puideron explicar moi ben os tipos de letras, os sons que teñen cada unha delas, as diferenzas entre letra, sílaba e palabra etc.  Porque como xa todos saben, aínda que non bosque todo era moi aburrido, as letras buscaron a mellor forma de divertirse e de xuntarse en equipos, formando primeiro sílabas, despois palabras e por último frases,  algo que os pequenos/as e pequenas souberon transmitir moi ben ao seu público.




Moitas grazas polo voso interese e a vosa escoita tan atenta.

lunes, 12 de diciembre de 2016

Historia, cámaras... Acción!




Neste primeiro trimestre traballamos no taller de entiquecemento un tema que está a gustarlles moito os rapaces: A evolución da Fotografía.

O pasado venres tivemos unha visita moi especial: Santiago Cordonie. Santi, pai de Carmen, non só traballou no ámbito da fotografía senón que é un grande amante deste arte e quixo compartir as súas experiencias cos nosos nenos e nenas. Cando  chegaron e atoparon unha morea de cámaras fotográficas antigas e algún aparello que descoñecían, non o  podían crer.



Santiago explicoulles cómo foi evolucionando a fotografía a través de todos estes tesouros, A cámara máis antiga que trouxo data dos anos vinte do pasado século XX, e foi a que máis gustou.

Ademáis das cámaras, puidemos ver un fotómetro e aprender, un pouquiño, para qué serve e cómo utilizalo. Todos quedamos encantados coa visita, pareceunos curtísima e as preguntas non cesaban.
Moitas grazas pola túa visita, Santi.

Deixáchelos abraiados!!

viernes, 25 de noviembre de 2016

O Fogar contra a Violencia de Xénero



O 17 de decembro de 1999, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de Novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, convidando os gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.


No Fogar celebramos esta xornada de reflexión na que todos os alumnos e alumnas do centro uníronse en diferentes actos reivindicativos, en prol da igualdade e o fin da violencia.


Os máis pequenos, a través de diversos contos e actividades, fixeron grandes reflexións que lles levaron a pedir a igualdade e encher as paredes de debuxos nos que reflicten as súas peticións. 


Con moita emoción, e a través da actividade “Mulleres da miña vida”, os péquenos e pequenas renderon homenaxe a diferentes personaxes femininos fundamentais nas vidas de todos nós: nais,  irmás, avoas, tías, bisavoas, amigas, personaxes protagonistas imprescindibles da nosa vida diaria.






Os maiores uníronse á campaña “En negro contra a violência”, tinguindo os corredores con negros carteis cheos de mensaxes contra a violencia machista.







Finalizamos a conmemoración deste día con todos os alumnos do centro gardando un minuto de silencio.


No fogar seguiremos educando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade, sendo conscientes de que é o camiño para a prevención e erradicación da violencia de xénero.

domingo, 20 de noviembre de 2016

Xogando na casa da lingua




O desenvolvemento da linguaxe require de procesos de madurez neurolóxica, fisiológica e perceptiva, pero ademais, o entorno inmediato será fundamental para o seu desenvolvemento. 

Por iso, co fin de responder a moitas preocupacións con respecto a certos atrasos e trastornos de adquisición de linguaxe oral que presentan algúns nenos e nenas en Educación Infantil, dende hai uns anos puxemos en marcha un programa de estimulación dirixido a todos os nenos/as de segundo ciclo de Educación Infantil do noso centro. 

O programa ten as finalidades tanto de estimular o desenvolvemento da linguaxe oral como a prevención de dificultades no desenvolvemento da mesma, reforzando habilidades e aptitudes que serán fundamentais ademáis, na adquisición da lectura e a escritura, previndo tamén, polo tanto, posibles déficits nesta área. 
Hai xa algunhas semanas que os nosos pequenos e pequenas de Educación Infantil reciben a visita da Señora Lingua e Xoaniña en tres anos, do Búho Paco en catro anos e da Vaca Paca en cinco anos.  Con eles facemos xogos para mover a lingua, controlar o soplo, manexar ben a respiración, escoitar e comprender contos, discriminar os sons das letras que se van traballando, contar sílabas, traballar a conciencia de palabra e moitísimas cousas mais…

Pásamolo pipa, falamos mellor e así sin darnos conta aprendemos e melloramos un montón!









domingo, 6 de noviembre de 2016

Profes que aprenden no Fogar




Dentro do programa de formación que se está desenvolvendo no noso colexio co obxectivo de innovar  e mellorar a educación dos nosos alumnos/as,  este fin de semana tivemos a oportunidade de recibir, da man de Nuria Sánchez Povedano (Psicóloga Educativa e clínica,  Formadora en Innovación Educativa do Colexio Montserrat de Barcelona,  Directora Pedagóxica do Colexio A nosa Señora dos Ángeles de Barcelona,  Coordinadora do Departamento de Orientación)  unha excelente formación en Lateralidade e funcionamento ocular; prevención e tratamento en dificultades de aprendizaxe.
Un curso do que todos saímos con novos coñecementos fundamentais e pouco coñecidos ata o momento, e moitas ideas novas para traballar cos nosos alumnos/as que estamos seguros de que axudarán a mellorar o seu rendemento. 




O desenvolvemento dunha lateralidade homoxénea e ben definida: que o ollo, oído, man e pé que usamos preferentemente sexan do mesmo lado do corpo, asegura que o cerebro constrúa circuítos neuronais o máis eficientes posibles. Este proceso debería finalizarse ao redor dos cinco anos.
Unha lateralidade mal definida ou cruzada pode influír no proceso de aprendizaxe dos nenos/as;  en moitas ocasións pode influír en aspectos tanto cognitivos como motrices.  Por tanto, moitos problemas de aprendizaxe que están a presentar os nosos alumnos/as, poden estar provocados por problemas de lateralidade.
Algúns indicadores de que pode haber un problema neste sentido (en nenos/as maiores de 5 anos) poden ser:
-       Uso indistinto das dúas mans.
-       Velocidade lectora lenta.
-       Comprensión lectora pobre.
-       Mellor comprensión oral que escrita.
-       Preferencia polo cálculo mental fronte ao cálculo gráfico.
-       Confusión dereita-esquerda.
-       Clara tendencia a presentar inversións na escritura ou/e na lectura.
-       Fallos na orientación temporal
-       Perdas importantes na atención, e fatiga polo esforzo realizado.
-       Cadros de inhibición e inseguridade ou reaccións desmedidas de irritabilidad.
-       Profunda desmotivación que aumenta conforme avanza a escolaridad.


Se ao ler isto recoñeces ao teu fillo/a, ponte en contacto connosco: titor/a ou departamento de orientación.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Como pasaron os anos...








Un ano máis comezamos os talleres de enriquecemento cos rapaces e rapazas de altas capacidades do noso cole. 

Como pasaron os anos... é o título do proxecto para este curso. ¿Qué cousas teñen cambiado có tempo? ¿Qué tiñan e non tiñan os nosos avós e avoas? ¿Cómo era o modo de vida noutros tempos?...


Os pequenos e pequenas xa comezaron a espremer as súas neuronas para adiviñar cales son os tres temas principais nos que centrarán o seu traballo.




Animámosvos a espremer as vosas para que adiviñedes qué estamos a argallar. Estade alerta porque en breve revelarase o tema do primeiro trimestre!!

viernes, 21 de octubre de 2016

¡E dixeron pataca!

Despois de ver os/as profes poñendo as súas mellores caras de medo, ledicia, enfado, tristura…. Foron os nenos e nenas de 3º e 4º os que berraron moi alto “paaaaataaacaaaa”, aquí podedes ver o ben que o fixeron, aínda mellor que os/as profes ¿ou non?


¡Veña, animádevos e comentade que vos parecen!