O
17 de decembro de 1999, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de
Novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres,
convidando os gobernos, organizacións internacionais e organizacións non
gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación
respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
No
Fogar celebramos esta xornada de reflexión na que todos os alumnos e alumnas do
centro uníronse en diferentes actos reivindicativos, en prol da igualdade e o
fin da violencia.
Os
máis pequenos, a través de diversos contos e actividades, fixeron grandes
reflexións que lles levaron a pedir a igualdade e encher as paredes de debuxos
nos que reflicten as súas peticións.
Con
moita emoción, e a través da actividade “Mulleres da miña vida”, os péquenos e
pequenas renderon homenaxe a diferentes personaxes femininos fundamentais nas
vidas de todos nós: nais, irmás, avoas,
tías, bisavoas, amigas, personaxes protagonistas imprescindibles da nosa vida
diaria.
Os
maiores uníronse á campaña “En negro contra a violência”, tinguindo os
corredores con negros carteis cheos de mensaxes contra a violencia machista.
Finalizamos a conmemoración deste día
con todos os alumnos do centro gardando un minuto de silencio.
No
fogar seguiremos educando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade, sendo
conscientes de que é o camiño para a prevención e erradicación da violencia de
xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario