O desenvolvemento da linguaxe require de procesos de madurez neurolóxica, fisiológica e perceptiva, pero ademais, o entorno inmediato será fundamental para o seu desenvolvemento.
Por iso, co fin de responder a moitas preocupacións con respecto a certos atrasos e trastornos de adquisición de linguaxe oral que presentan algúns nenos e nenas en Educación Infantil, dende hai uns anos puxemos en marcha un programa de estimulación dirixido a todos os nenos/as de segundo ciclo de Educación Infantil do noso centro.
O programa ten as finalidades tanto de estimular o desenvolvemento da linguaxe oral como a prevención de dificultades no desenvolvemento da mesma, reforzando habilidades e aptitudes que serán fundamentais ademáis, na adquisición da lectura e a escritura, previndo tamén, polo tanto, posibles déficits nesta área.
Hai xa algunhas semanas que os nosos pequenos e pequenas de Educación Infantil reciben a visita da Señora Lingua e Xoaniña en tres anos, do Búho Paco en catro anos e da Vaca Paca en cinco anos. Con eles facemos xogos para mover a lingua, controlar o soplo, manexar ben a respiración, escoitar e comprender contos, discriminar os sons das letras que se van traballando, contar sílabas, traballar a conciencia de palabra e moitísimas cousas mais…
Pásamolo pipa, falamos mellor e así sin darnos conta aprendemos e melloramos un montón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario