viernes, 21 de octubre de 2016

¡E dixeron pataca!

Despois de ver os/as profes poñendo as súas mellores caras de medo, ledicia, enfado, tristura…. Foron os nenos e nenas de 3º e 4º os que berraron moi alto “paaaaataaacaaaa”, aquí podedes ver o ben que o fixeron, aínda mellor que os/as profes ¿ou non?


¡Veña, animádevos e comentade que vos parecen!
































miércoles, 19 de octubre de 2016

¡Ti tamén podes ser mediador!






Ao longo desta semana unha das profesoras responsables do proceso de formación de mediadores, xunto con algún destes, acudirán ás aulas de 1º ESO a explicar o papel que desempeñan os mediadores na convivencia do Centro e os pasos a seguir para inscribirse no proceso de formación.
Deixaremos nas aulas os impresos onde podedes inscribirvos.
Ademáis, este curso como novidade, poderán participar nunha parte deste proceso de formación o alumnado de 5º e 6º EP.

Animádevos, será unha experiencia moi enriquecedora!


viernes, 14 de octubre de 2016

¿Non lembras que era iso da mediación?









O proceso de mediación entre iguais é un xeito de resolver os conflictos entre dúas ou máis persoas, coa axudadun terceiro igual imparcial, o/a mediador/a, que foi formado para intervirneste tipo de situacións.
Por suposto, a solicitude de intervención do mediador é voluntaria e confidencial, e está baseada no diálogo.
Os/as mediadores/as poden axudar a resolver pequenas disputas puntuais entre o alumnado, tales como insultos, ofensas, malas relación ou malentendidos.
Pero é moi importante tamén saber que haberáunha serie de conflictos, que pola súa gravidade, non poderán ser resoltos a través deste servizo, por exemplo, posibles situacións de acoso escolar.
Ademáis os/as mediadores participarán activamente no desenvolvemento dos talleres (intelixencia emocional e acoso escolar, entre outros) e actuacións vinculadas coa mellora das habilidades sociais e a convivencia nas aulas.
E se estás pensando… E eu, ¿poderei ser mediador/a escolar?  non deixes de entrar neste blog, pois en breve contarémosche como podes facelo


miércoles, 12 de octubre de 2016

¡Preparados, listos, xa! ¡Continuamos coa mediación entre iguais!

Como lembraredes, o pasado curso iniciamos na ESO o proceso de formación de mediadores entre iguais. Agora si, están preparados para colaborar activamente na mellora da convivencia no Centro. Ademáis de axudarnos a resolver pequenos conflictos, participarán activamente no desenvolvemento dos talleres de habilidades sociais, prevención do acoso escolar, riscos de internet e prevención da violencia de xénero que levaremos a cabo ao longo do curso nas horas de titoría e de xeito transversal en tódalas materias.

Nos vindeiros días realizaremos unha serie de actividades no Colexio para que todos e todas os podades coñecer, saber como acceder a eles e en que vos poden axudar. 



martes, 11 de octubre de 2016

Paaaaataca...¡comezamos!

Finalmente  non comezaron os nenos, e como podedes ver temos un grupo de profes que non quedan atrás á hora de dicir pataca, e saben moverse moi ben na expresión de emocións.

Ledicia, Medo, Sorpresa, tristura, enfado... Ahí os tedes! 

Disfrutamos tanto que algún non era capaz de perder o sorriso a pesar de ter que poñer cara de medo.. ¿ou sería risa nerviosa?  Xulgade vos mesmos!  


































Bo día!! 

sábado, 8 de octubre de 2016

¡Di pataca!




Piruletas de cores, sorrisos, medos, enfados, calma... ¿Photocall?
Traballaron moitísimo esta semana os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria para telo todo preparado, pero... ¿serán conscientes do que lles espera? Nooon, aínda non saben nada. ¿Ou serán os/as profes os protagonistas? 
¡Pronto o saberemos! 
Mentres, podemos ir practicando:
"PAAAATAAAAACAAAAA!"

Grazas a Ana e Silvia pola súa colaboración, e sobre todo a Patricia Oreiro por este deseño de decorado ¡tan bonito!. 

Boa fin de semana

martes, 4 de octubre de 2016

Hoxe empeza todo!


"Relevos de emoción"

Hoxe demos un gran salto en busca das emocións! 


Os alumnos de 5ºC e 6ºA de Educación Primaria gozaron como ananos dos nosos "Relevos de emoción". Un xogo de emocións explosivas, escondidas, divididas... emocións en globos que deron lugar a un intenso debate que máis tarde souberon plasmar en grandes cartolinas que decorarán a clase para que non perdan de vista as emocións coas que iremos traballando ao longo de todo o curso. 


As titoras Olga e Carola non quedaron coas ganas de explotar algún globo! 






"Pelotas con emoción"

Os alumnos de 4ºA de Primaria, divididos en 4 grupos ((Ledicia, tristeza, Ira e Calma) atopáronse con 60 pelotas de cores que tiñan escritas palabras relacionadas coas emocións. O seu gran reto: ser capaces de recompilar as 15 do seu grupo sen cometer ningún erro! 


Era complicado, pero fixérono fenomenal!! 


Tanto que despois traballaron un pouco o significado desas 60 palabras. Hoxe ademais de divertirse moito conseguiron ampliar o seu vocabulario emocional! 



"O Xardín das emocións"

Os alumnos de 2º A de primaria descubriron o comezo das emocións a través dunha montaxe de películas de animación que non deixamos de recomendarvos. 


Despois traballaron nun mural que poderemos ver proximamente en leste mesmo blogue. 



Parece que xa é suficiente por hoxe. Mañá máis!"

Deixámosvos co noso vídeo do mes. fantástico!! 



UBUNTU!!

domingo, 2 de octubre de 2016

O curso das emocións



¡Benvidos e benvidas o blog do departamento de orientación! Este ano cunha novedade moi importante ¡as emocións!  Durante este curso todos os nenos e nenas de infantil e primaria terán unha sesión á semana de educación emocional.   Unha actividade educativa, lúdica e participativa,  na que con especialistas do departamento de orientación e o titor/a a través de dinámicas de grupo, obradoiros de arte, música…  etc,  aprenderemos a xestionar as nosas emocións.

Empatía, resiliencia, resolución de conflictos, cooperación, coñecemento dun mesmo, axuda, igualdade, responsabilidade… son só algúns dos obxectivos desta materia, da que vos iremos contando máis cousas… polo momento “alegria e tristeza” serán as protagonistas no mes de outubro e o noso punto de partida.  

Volvede por aquí se queredes saber máis...

¡Ubuntu!