martes, 4 de octubre de 2016

Hoxe empeza todo!


"Relevos de emoción"

Hoxe demos un gran salto en busca das emocións! 


Os alumnos de 5ºC e 6ºA de Educación Primaria gozaron como ananos dos nosos "Relevos de emoción". Un xogo de emocións explosivas, escondidas, divididas... emocións en globos que deron lugar a un intenso debate que máis tarde souberon plasmar en grandes cartolinas que decorarán a clase para que non perdan de vista as emocións coas que iremos traballando ao longo de todo o curso. 


As titoras Olga e Carola non quedaron coas ganas de explotar algún globo! 






"Pelotas con emoción"

Os alumnos de 4ºA de Primaria, divididos en 4 grupos ((Ledicia, tristeza, Ira e Calma) atopáronse con 60 pelotas de cores que tiñan escritas palabras relacionadas coas emocións. O seu gran reto: ser capaces de recompilar as 15 do seu grupo sen cometer ningún erro! 


Era complicado, pero fixérono fenomenal!! 


Tanto que despois traballaron un pouco o significado desas 60 palabras. Hoxe ademais de divertirse moito conseguiron ampliar o seu vocabulario emocional! 



"O Xardín das emocións"

Os alumnos de 2º A de primaria descubriron o comezo das emocións a través dunha montaxe de películas de animación que non deixamos de recomendarvos. 


Despois traballaron nun mural que poderemos ver proximamente en leste mesmo blogue. 



Parece que xa é suficiente por hoxe. Mañá máis!"

Deixámosvos co noso vídeo do mes. fantástico!! 



UBUNTU!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario