Como lembraredes, o pasado curso iniciamos na ESO o proceso de formación de mediadores entre
iguais. Agora si, están preparados para colaborar activamente na mellora da convivencia no Centro. Ademáis
de axudarnos a resolver pequenos conflictos, participarán activamente no
desenvolvemento dos talleres de habilidades sociais, prevención do acoso
escolar, riscos de internet e prevención da violencia de xénero que levaremos a
cabo ao longo do curso nas horas de titoría e de xeito transversal en tódalas
materias.
Nos vindeiros días realizaremos unha serie de actividades no
Colexio para que todos e todas os podades coñecer, saber como acceder a eles e
en que vos poden axudar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario