¡Benvidos e benvidas o blog do departamento de orientación! Este ano cunha novedade moi importante ¡as emocións! Durante este curso todos os nenos e nenas de infantil e primaria terán unha sesión á semana de educación emocional. Unha actividade educativa, lúdica e participativa, na que con especialistas do departamento de orientación e o titor/a a través de dinámicas de grupo, obradoiros de arte, música… etc, aprenderemos a xestionar as nosas emocións.
Empatía, resiliencia, resolución de conflictos, cooperación, coñecemento dun mesmo, axuda, igualdade, responsabilidade… son só algúns dos obxectivos desta materia, da que vos iremos contando máis cousas… polo momento “alegria e tristeza” serán as protagonistas no mes de outubro e o noso punto de partida.
Volvede por aquí se queredes saber máis...
¡Ubuntu!
No hay comentarios:
Publicar un comentario