O proceso de mediación entre iguais
é un xeito de resolver os conflictos entre dúas ou máis persoas, coa axudadun
terceiro igual imparcial, o/a mediador/a, que foi formado para intervirneste
tipo de situacións.
Por suposto, a solicitude de
intervención do mediador é voluntaria e confidencial, e está baseada no
diálogo.
Os/as mediadores/as poden axudar a
resolver pequenas disputas puntuais entre o alumnado, tales como insultos,
ofensas, malas relación ou malentendidos.
Pero é moi importante tamén saber
que haberáunha serie de conflictos, que pola súa gravidade, non poderán ser
resoltos a través deste servizo, por exemplo, posibles situacións de acoso
escolar.
Ademáis os/as mediadores
participarán activamente no desenvolvemento dos talleres (intelixencia
emocional e acoso escolar, entre outros) e actuacións vinculadas coa mellora
das habilidades sociais e a convivencia nas aulas.
E se estás pensando… E eu, ¿poderei ser mediador/a escolar? non deixes de entrar neste
blog, pois en breve contarémosche como podes facelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario